ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os días 17 e 18 de novembro celebrarase en Arzúa unha nova edición da maior feira ecolóxica de Galicia. A pesar de non contar, por primeira vez, co financiamento da Deputación da Coruña, o Concello decidiu continuar co evento. Así, os produtos naturais, os máis innovadores, as terapias alternativas e as produtoras e produtores locais -das feiras do 8 e 22- encherán o Recinto Feiral Terra do Queixo. As solicitudes para contar cun stand na IX edic
Malia a non contar co financiamento da Deputación da Coruña, este proxecto rexurde sen deixar de atender as tendencias actuais de consumo e produción. Deste xeito, a Feira ecolóxica de Arzúa contará por vez primeira cunha cervexa artesá entre os produtos expostos, ademais das catas e demostracións da elaboración doutros coma o queixo de cabra e, como en anteirores ocasións, tamén queixo de Arzúa ou o mel.
De novo, Arzúa será a capital galega da ecoloxía na terceira fin de semana de novembro. Punto de encontro de artesáns, consumidores, produtores e público, a Feira Ecolóxica arzuá converterase un ano máis no viveiro das últimas novidades e xeitos de vivir de forma máis respectuosa coa contorna e cos seus habitantes.
Deste xeito, unha ampla sección de alimentación ofrecerá produtos de apicultura, panadería-repostería ou o queixo, entre outros. Tamén estará presente o agro, a crianza natural, o comercio xusto, as plantas medicinais e aromaticas, a cosmética natural, e as bebidas, por só nomear algúns dos produtos e servizos dos que poder aprender e gozar na meirande feira ecolóxica de Galicia.