ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Compañía Malasombra Teatro trae a Arzúa este domingo, 13 de decembro, a exitosa obra teatral titulada O día do Pai, que se representará na Casa da Cultura a partir das 18 horas. Os actores Xoque Carvajal, Jouse García, Alberto Rolán e Pablo Alvarado farán unha adaptación da célebre comedia de Ana Graciano e Gabriel Olivares sobre a pate
Tres homes de moi diferente aspecto, idade e condición, foron citados nunha clínica de reprodución asistida. Descoñecen o motivo pero sospeitan –témense- que son requiridos para ser obxecto dunha proba de paternidade. Cren non ter nada en común aínda que pronto descubrirán que os tres mantiveron unha relación coa mesma muller que os someterá a unha delirante “proba de paternidade”. Manuela decidiu ser solteira e busca un pai solteiro. ¿cal dos tres será o máis adecuado para converterse en pai?
O día do pai é unha comedia trepidante sobre esta singular loita de espermatozoides por conquistar o óvulo. Todos pelexarán por acadar o mesmo fin desenvolvéndose unha auténtica selección natural nunha clínica de reprodución artificial.
Esta obra de teatro pon o broche final ao III Ciclo de teatro no outono, programado dende o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa. Este III Ciclo de Teatro no outono compúxose de 6 funcións teatrais, das cales 4 representáronse nos locais sociais de diversas parroquias (Dombodán, Pantiñobre, Maroxo e San Martiño) e dúas na vila.
O concelleiro de Cultura, José Luís García López, quixo agradecer aos veciños “a boa acollida desta iniciativa que puxemos en marcha coa finalidade de ofrecer alternativas de ocio aos veciños e veciñas da zona rural” e confía en “poder seguir ofertando este tipo de actividades e continuar levando diferentes actos as parroquias do noso concello”.