Arzúa destina máis de 50.000 euros á promoción de actividades educativas, culturais e deportivas

Arzúa destina máis de 50.000 euros á promoción de actividades educativas, culturais e deportivas

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O goberno municipal de Arzúa aprobou na Xunta de Goberno Local, celebrada o pasado luns, as bases que rexerán a convocatoria pública para que as entidades sen ánimo de lucro municipais de carácter educativo, cultural e deportivo soliciten as axudas que a entidade municipal concede para a realización de diversas actividades. Para

Xunto con estes axudas que deberán ser solicitadas no prazo establecido polas entidades municipais sen ánimo de lucro, a Xunta de Goberno Local tamén acordou a concesión de dúas subvencións nominativas; unha para os promotores da Feira do Cabalo por un importe de 3.000 euros e outra á comunidade educativa do IES de Arzúa para a desenvolvemento de actividades de cara ao estudo e posta en valor do patrimonio natural, cultural e social do Camiño de Santiago ao seu paso polo noso municipio; neste caso recibirán das arcas municipais un importe de 1.800 euros para a realización deste proxecto.

No apartado da promoción de actividades educativas o obxectivo é subvencionar aquelas desenvolvidas por parte dos centros educativos públicos sitos no termo municipal de Arzúa, incluíndo a promoción daqueles proxectos deseñados polas Asociacións de Alumnos dos centros ou polas Asociacións de Pais e Nais de Alumnos.

De igual modo, as asociacións veciñais e culturais do municipio tamén se verán beneficiadas dunhas axudas que deben ir destinadas ao fomento de actividades tales como celebracións, homenaxes, exposicións, publicacións, concursos, certames, mostras, excursións, eventos musicais, encontros, conferencias, estudos e, en xeral, calquera actividade de conservación, promoción e divulgación dos valores culturais.

O Concello de Arzúa tamén concederá axudas para o fomento de escolas, cursos, competicións e campus deportivos mediante a concesión de subvencións aos clubs e asociacións deportivas municipais.

Para poder optar a algunha destas axudas, o Concello de Arzúa establece unha serie de requisitos que deben cumprir as asociacións, entre eles carecer de fins de lucro e estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. As axudas poderán comezar a solicitarse unha vez se publiquen as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Institucional