Arzúa investirá máis de 40.000 euros na creación dun parque biosaudable

Arzúa investirá máis de 40.000 euros na creación dun parque biosaudable

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Goberno Municipal de Arzúa creará nas vindeiras datas un parque biosaudable no entorno da feira por importe de 41.824,39 euros coa finalidade de que os veciños do municipio, especialmente a xente maior, dispoña dun espazo de ocio que poderán aproveitar para manterse en forma. O goberno arzuán presentara hai meses o corresponde

O Concello de Arzúa procederá en breve á contratación dos traballos, que posteriormente se executarán nun prazo aproximado de 1 mes, unha vez sexan adxudicados de forma definitiva.

O espazo escollido para a ubicación do parque ou circuíto biosaudable atópase entre o parque infantil e o campo da feira, discorrendo lonxitudinalmente entre ambos. O goberno municipal escolleu esta zona, segundo explicaba esta mañá o Alcalde, Xaquín García, porque se trata “dun espazo moi céntrico, entre zonas verdes e ao mesmo tempo protexido da zona de circulación de vehículos”. Con esta ubicación a xente maior non terá que desprazarse para desfrutar destes equipos, ao mesmo tempo de lles permite coidar dos seus netos ou estar pendentes deles mentres xogan nas novas instalacións do parque infantil situado ao seu carón.

Na actualidade este espazo atópase deteriorado e mal aproveitado, actuando como zona morta entre dúas áreas claramente diferenciadas e separadas cun valado de madeira. O obxectivo é polo tanto aproveitar un espazo sen uso e perfectamente situado.

As obras necesarias para a creación do parque biosaudable requirirán dun primeiro traballo de preparación da superficie, que terá un total de 140,37 metros cadrados que serán recubertos de caucho unha vez se remate o proceso de desmonte e a apertura de caixa para a colocación dos

elementos de xogo. Con posterioridade procederase á instalación dos elementos do circuíto biosaudable, que serán un total de 8 unidades: o volante, o columpio, o esquí de fondo, os patíns, o poni, o surf, a cintura e o timón.

Todos eles elementos destinados non só ao entretemento dos cidadáns senón á mellora da calidade de vida e da súa saúde, xa que todos os xogos teñen algunha función destinada a mellorar a mobilidade, reforzar a musculatura, incrementar a flexibilidade e a propia coordinación do corpo.

O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, explicaba esta mañá que se trata dunha iniciativa “novidosa no noso municipio e da que estamos seguros que van gozar os nosos maiores xa que lles vai permitir poñerse en forma nun espazo ao aire libre e nunha zona moi tranquila” ao tempo que sinalaba a este como un proxecto que “constitúe un logro máis do noso goberno destinado a incrementar o benestar dos nosos maiores”.

Institucional