Arzúa sumouse á protesta do medio rural

Arzúa sumouse á protesta do medio rural

08 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Máis de un milleiro de gandeiros e cidadáns de Arzúa acudiron este mediodia á manifestación reclamando garantía de recollida e de prezos do leite. Na marcha participaron tamén tractores lucindo pancartas nas que se denunciaba a pasividade da administración diante da crise do sector leiteiro.

En Arzúa reiterouse a convocatoria dunha tractorada en toda Galicia para o vindeiro dia 26. Tamén se anunciaron mobilizacións máis fortes se non hai medidas de choque inmediatas por parte da Xunta de Galicia e do goberno central.

Sociedade