ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá na Casa do Concello a un grupo de 55 alumnos e alumnas do CEIP Castelao que quixeron coñecer de primeira man o funcionamento da administración local. A concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, ensinou aos escolares cada un dos departamentos polos que está formado o Concello, os seus cometidos e o seu funcionamento.
Trala visita ao edificio, o alcalde, Manuel Regos, recibiu aos escolares no salón de plenos onde respondeu a todas as preguntas dos pequenos sobre a súa función como alcalde, así como lles entregou un agasallo con información sobre o municipio. Ademais o primeiro edil animou aos rapaces e rapazas ordenses a que nun futuro “sexades vós os que esteades aqui sentados e desempeñedes esta función que non ten outro obxectivo que velar polos intereses do noso municipio”.
Os alumnos e alumnas de 5º curso do CEIP Castelao mostráronse moi satisfeitos coa visita e agradeceron cun aplauso a boa acollida do alcalde. O acto pechouse cunha foto de familia dos escolares, os seus mestres, a concelleira de Educación, Silvia Marín, e o alcalde, Manuel Regos, na entrada do Concello.