ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A delegacións de Asaja de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Galicia e Castela-León, que se reuniron na sede de Xóvenes Agricultores (XX.A.A .) en Santiago, acordaron levar a cabo unha ofensiva en todo o Estado pola defensa dun prezo xusto para o leite. O obxectivo final será a garantía de supervivencia do sector e o cumprimento dun Plan Estratéxico que contemple o aprazamento e refinamento da d&
As delegacións reunidas se mostraron de acordo coa decisión do Goberno de levar a cabo un plan de inspección das importacións, aínda que matizaron as súas reservas de que se chegue a cumprir.
No transcurso da reunión acordouse tamén reclamar unha entrevista, para o mes de abril, coa ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, ademais dun encontro en Compostela de todas as organizacións agrarias de España.
Na análise da situación, todos os delegados coincidiron en diagnosticar que o actual camiño so leva “á ruína”, nun escenario no que “os gandeiros se atopan altamente endebedados tras modernizar as súas explotacións, comprar dereitos de cota para poder producir e ter que vender por debaixo do custe de produción”.