ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Contra a violencia machista. Loito por María Belén, que tiña 52 anos e foi asasinada o domingo pola súa exparella. A primeira galega asasinada este ano. Concentración esta mañá, presidida pola alcaldesa Sandra Permui.

Levamos pouco máis dun mes e xa mataron unha muller en Galicia. O Concello de Fene convocou esta mañá unha concentración de rexeitamento polo asasinato machista de Mos. Cargos públicos, persoal municipal e cidadáns gardaron un minuto de silencio na memoria da veciña de Mos María Belén. A alcaldesa pediu que non se dea nin un paso atrás na loita contra o machismo.
Tamén a Marcha Mundial das Mulleres convocou concentracións de repulsa en distintas localidades galegas. Na comarca terá lugar ás oito na Praza de Armas, en Ferrol.
Publica o teu comentario agora