Ascenso ao Olimpo galego

Ascenso ao Olimpo galego

10 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

Por quinto ano o Trail Monte Pindo reta a corredores de toda Galicia a unha das probas galegas máis duras nesta disciplina. Un total de 316 persoas recolleron a luva e inscribíronse no único Trail que coroa o Monte Pindo, e que percorrerá máis de 23 quilómetros polo corazón do Olimpo Celta, con pendentes de até o 30% e os sempre tan esixentes descensos.

Monte Pindo e GMTA, coorganizadores da proba co apoio do Concello de Carnota e de Augas de Mondariz, achegarán máis dunha vintena de voluntarios para que todo saia perfectamente e que as únicas sorpresas se vexan nas táboas clasificatorias. Ás 11 horas do sábado reuniranse na Solaina para repartir os cometidos de organización. A proba desenvolverase o sábado día 13 a partir das 17:30 horas.

Deportes