ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Peña racinguista O Camarote. Ese é o nome da nova agrupación que se ven de formar en Fene. Son 25 persoas as promotoras pero xa contan con máis de 60 asociadas. Victor Pico e Moisés García son dous dos seus integrantes. Queren aproveitar o elevado número de equipos galegos no grupo do Racing de Ferrol da Primeira Federación para organizar desprazamentos e acompañar ao conxunto verde.

“O noso obxectivo é o ascenso de categoría” confesa Moisés Garcia. Victor Pico anuncia que nun prazo de un mes ou mes e medio anunciarase a inauguración oficial da Peña, para o que esperan recibir a algúns xogadores racinguistas e a representantes da xunta directiva. A Peña racinguista O Camarote terá como local o bar do mesmo nome da Avenida Naturais de Fene. Xa aprobaron os estatutos e a composición da xunta directiva e enviaron a documentación á Xunta de Galicia
Publica o teu comentario agora