Asegurada a permanencia

Asegurada a permanencia
27 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños feminino ten garantida a permanencia na Segunda División Galega do fútbol aínda que non xogou o partido previsto para o domingo. Explicouno en Radio Fene o adestrador Xurxo Rodríguez.

ESCOITA O PODCAST:

As altas temperaturas do domingo provocaron que a Federación de fútbol suspendera todas as actividades ao aire libre na provincia de Lugo. Por ese motivo, foi suspendido o partido San Lázaro-Maniños dos equipos femininos. Queda por saber cando se disputará ese o encontro pero o importante desta xornada é que o Maniños ten asegurada a permanencia. “Ao perder o Nicrariense co Victoria significou automaticamente un ano máis na Segunda que era o noso obxectivo”, destaca Xurxo Rodríguez. Para acabar a tempada ao Maniños quédanlle dous encontros. No Pote xogará contra o Corme e nunha data pendente de sinalar debe viaxar a Lugo para disputar o partido adiado este domingo.

Deportes

Publica o teu comentario agora