Asistencia legal gratuíta

Asistencia legal gratuíta
18 de Abril, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todas as vítimas de violencia de xénero teñen dereito a asistencia letrada gratuíta. E poden recibir de asesoramento legal do letrado da quenda de oficio que elas escollan, explicou en Radio Fene a asesora xurídica dos Servizos Sociais do Concello, Susana Martínez Galdós.

 

ESCOITA O PODCAST:

A muller que poña unha denuncia por violencia machista pode pedir o avogado ou avogada que queira dos incluídos na quenda de oficio. Recibirá asistencia gratuíta do mesmo letrado ou letrada en todo o procedemento, tamén, de ser o caso, nas posteriores demandas de divorcio e garda e custodia. A elección de letrado de oficio tamén é posible en todos os procedementos de familia e de tipo laboral. Nestes casos o dereito a xustiza gratuíta non é universal. So teñen acceso a el as persoas con menos recursos económicos. 

Consultas

Temas de familia, como divorcios, garda e custodia, tamén casos de desafiuzamentos desde o punto de vista dos inquilinos ou de liquidación de patrimonios, por herdanzas ou sociedades de gananciais son os que suscitan máis consultas na asesoría xurídica dos Servizos Sociais do Concello de Fene, segundo explicou Susana Martínez Galdós.

Sociedade

Publica o teu comentario agora