A Asociación Cultural “Eme de Meira” pon en marcha o III Campamento Urbano para nenos

A Asociación Cultural “Eme de Meira” pon en marcha o III Campamento Urbano para nenos

19 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A actividade celébrase por terceiro ano consecutivo co apoio da Área de Cultura da Deputación.  Comezou o pasado luns 12 e durará ata o próximo venres 30 de xullo. O gran éxito da iniciativa déixase notar na demanda, ó cubrirse na totalidade as prazas ofertadas en tan só uns días.

O campamento vai dirixido a nenos de entre 3 a 12 anos. O III Campamento Urbano que organiza Eme de Meira contempla un programa moi variado de actividades para os máis pequenos. A través de iniciativas lúdicas os nenos van poder valorar aspectos do medio ambiente, das relacións interculturais e de compañeirismo e solidariedade, entre outros.

O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, amosouse satisfeito coa organización deste tipo de iniciativas en Meira, que permiten “conciliar a vida laboral e familiar”, proporcionando unha alternativa lúdica para que os cativos disfruten do vrao dunha forma diferente.

Sociedade