A Asociación Cultural Borobó achega os deportes de inverno aos xóvenes

A Asociación Cultural Borobó achega os deportes de inverno aos xóvenes

18 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Un total de 37 persoas disfrutaron duns días na neve na estación invernal de San Isidro (León) a pasada fin de semana. Unha viaxe organizada pola Asociación Cultural Borobó e na que aprenderon e divertíronse coa práctica de deportes de inverno coma o esquí ou o snowboard, disfrutando, ademais, da natureza e dunha experiencia de convivencia con outros xóvenes.

A saída realizouse o pasado venres, ás 23:30 horas, e o regreso produciuse o domingo aproximadamente á mesma hora. O grupo, a meirande parte pertencentes á comarca do Barbanza, e, xóvenes de portonovo, A Coruña ou Cuntis, aproveitaron as xornadas do sábado e do domingo completas na estación. 

A raíz da boa acollida desta actividade, a asociación xa pensa repetila para a fin de semana do 25 ao 27 do vindeiro mes de febreiro. Varios dos asistentes animaron aos membros de Borobó a organizar este tipo de viaxes cuxo eixe central baséase no achegamento do deporte e a natureza do deporte aos xóvenes, amosando, ao mesmo tempo, a súa satisfacción coa liña de traballo que sigue a entidade.  

Desde a asociación agradecen a colaboración ofrecida na planificación e organización desta viaxe por parte da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Boiro.

Sociedade