A asociación de síndrome de Down Teima cambia de local

A asociación de síndrome de Down Teima cambia de local

09 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e o deputado responsable da área de Benestar Social, Xosé Manuel Sande visitarán o luns, 12 de abril, ás 12.30 horas,  ás instalacións da Asociación síndrome de Down Teima de Ferrol (rúa Breogán, 37), co obxecto de coñecer a actividade e as necesidades desta entidade.

Nesta visita desprazaranse tamén até as novas instalacións da entidade na rúa Alvaro Cunqueiro, nº 1, e estarán  acompañados pola   presidenta da entidade, Patricia Serantes Castro, a    coordinadora,      Mercedes Alonso López e a responsable   de xestión, Isabel Fernández Blanco.

No 2009 a Deputación da Coruña financiou a través dun convenio obras e o  equipamento   do local social da entidade cun importe de 240.000 euros sobre un orzamento de 319.371,34 euros.   Tamén este mesmo ano financiouse con 11.000 euros o programa      “Transición á vida adulta”, a través de subvencións dos servicios sociais especializados”.

Sociedade