ASPADISOL de Oleiros realizará un curso de xardinería

ASPADISOL de Oleiros realizará un curso de xardinería

19 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Deputación da Coruña asinou un convenio esta mañá co centro ocupacional da Asociación de Padres de Diminuídos Psíquicos, ASPADISOL, en Oleiros. Diego Calvo asinou un acordo co seu presidente, Juan Morlán, polo que a entidade recibirá 10.000 euros para o seu curso de xardinería. Trátase do curso máis relevante para os seus usuarios polas posibilidades que ofrece para a súa integración no mercado laboral e

Durante a súa visita, Diego Calvo mostrouse encantado de poder colaborar cunha entidade coma esta, que leva anos loitando por este colectivo. “E o fai dándolle unha oportunidade laboral, co que iso significa para estas persoas: independencia e socialización”, sinalou o responsable.

De feito, Aspadisol logrou incrementar nos últimos tempos o seu número de usuarios e pasar de 14 a 20 persoas atendidas. Entre o seu equipo contan con cinco empregados, un logopeda e un psicólogo que ofrece servizo tanto aos usuarios coma ás familias.

A Deputación da Coruña, nos últimos anos, ten incrementado un 75% as súas achegas para os Servizos Sociais, pasando de 999.443,67 euros no ano 2012 a 1.750.758,66 no ano 2014 na convocatoria ordinaria. Así, dende 2011 a 2014 as entidades sociais da provincia recibiron máis de 7 millóns de euros procedentes da institución provincial.

“Porque sabemos da importancia do voso labor, do traballo que realizan as entidades sociais, decidimos non só blindar esta partida orzamentaria, senón incrementala”, lembrou Calvo, nunha visita na que puido coñecer as instalacións do centro ocupacional acompañado pola directiva.

Sociedade