ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os alumnos e alumnas de ASPANEPS elaborarán as serigrafías para un calendario do 2010, como un dos proxectos do novo Taller de Artes Gráficas que inaugurou esta mañán o alcalde de Fene, Iván Puentes.
O alcalde de Fene, Iván Puentes, inaugurou este mediodía as instalacións dun novo obradoiro de Artes Gráficas no que traballarán os alumnos e alumnas de ASPANEPS - Asociación de pais e nais de alumnos con problemas psicosociais- no futuro.
As instacións da nova actividade ubicáronse nos módulos de Perlío, un local que no seu día acolleu á escola obradoiro. Aquí desenvolverán un taller aberto de Artes Gráficas onde xa se pode ver a maquinaria precisa. O educador social de ASPANEPS, Xavier Picos, contounos que aplicarán as serigrafías a todo tipo de soportes.
As instalacións foron minimamente adecentadas provisionalmente polos propios inquilinos, á espera de poder trasladarse ao local contiguo á sede da asociación, na rua Rio Castro, que ocupa a igrexa de Perlio, mentras non se rematan as obras de restauración do templo parroquial.
O alcalde felicitou a Aspaneps polo servicio social que presta aos rapaces con problemas psicosociais e augurou un bon labor con este novo taller de artes gráficas. Entre os proxectos que levarán a cabo os 40 alumnos e alumnas será a elaboración da serigrafia dun almanaque para o ano 2010 no que contarán coa colaboración de debuxantes da comarca para o deseño.