Aspaneps e o domo xeodésico

Aspaneps quere ampliar o horto ecolóxico cun moderno invernadoiro
20 de Novembro, 2020 - 10:53 h. | Publicada por Radio Fene

Os usuarios e usuarias de Aspaneps proceden á prantación de árbores en Marraxón, nunha iniciativa de Betula en colaboración co concello de Fene e os propietarios dos montes en man común.

ESCOITA O PODCAST:

ASPANEPS participa nesta xornada na plantación de árbores en Marraxón- Fene- nunha iniciativa da asociación ecoloxista Betula e a Asociación de  Montes en man común co apoio do concellod e Fene. O coidado da horta ecolóxica en Perlio é outra das actividades que realizan no exterior no medio desta pandemia que non permite aos usuarios traballar en todo o que quixeran. O educador de Aspaneps, Xavier Picos, explica que a horta permítelles estar ao ar libre e manter as distancias. Proporciónalles ademais moitas satisfaccións, de feito están tomando medidas estes dias porque teñen en proxecto instalar un invernadoiro e diversificar desa maneira a produción. Entregados están os 20 usuarios e usuarias co persoal de Aspaneps na venda de rifas a 1€ para reunir os cartos cos que financiar un domo xeodésico.

Grazas á cesión do concello de Fene do local anexo aos talleres ubicados na rúa do Castro en Perlío, Aspaneps ten agora espazo suficiente para instalar alí o comedor con catering unha vez que está pechada a cafetería do Centro sociocultural a causa da nova normativa da crise sanitaria. Aspaneps mantén actividades on line. O mércores, sen ir mais lonxe, participaron nunha Xornada estatal sobre a compostaxe, outra das actividades habituais da asociación, que iniciaron hai dez anos. A pandemia limita o traballo dos usuarios nos talleres de encadernación e reciclaxe e tamén tiveron que suspender as visitas aos colexios que realiza Aspaneps cada curso escolar baixo o lema “Ponte no meu lugar”.

 

 

(Na imaxe, productos do obradoiro de encadernación feitos polos usuarios e usuarias de Aspaneps. Un bo agasallo este Nadal)

Sociedade

Publica o teu comentario agora