Aspaneps proxecta a elaboración do mural de Xaquín Marín

Aspaneps proxecta a elaboración do mural de Xaquín Marín

25 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O proceso de elaboración do mural da Avda das Pías que levaron a cabo os rapaces de Aspaneps -Asociación de pais e nais de persoas con problemas psicosociais- seguindo un deseño de Xaquín Marín, foi gravado por Mangi Caldevilla, seguindo a técnica "time last". O resultado proxectouse esta mañá na casa da Cultura de Fene, ás 12,30 h.

Mangi Caldevilla apostouse diante do muro da igrexa de Perlío durante as duas sesións que durou o pintado do mural. Con tres cámaras que cambiaban constantemente de ubicación, tirou milleiros de fotos e daí saíu o documental.

Na elaboración do mural participou o alumnado de Aspaneps co seu profesor, Xavier Pico, e coa axuda de pintores como, Leandro Lamas, Carme Sendón ou Mariña Gándara Serantes. O proxecto sumóuse à iniciativa artística “Mar e ferro” levada a cabo por Radio Fene e o CPS de San Valentín.

O video pode verse nas redes sociais.

Sociedade