Aspiramos á fase de ascenso

Aspiramos á fase de ascenso
14 de Decembro, 2021 - 09:49 h. | Publicada por Radio Fene

“Aspiramos a chegar á cuarta praza que nos clasificaría para a fase de ascenso á Primeira División Galega do fútbol feminino” afirma o adestrador do Perlío Juan José Lorenzo. O conxunto dos Pinares é agora sexto con oito puntos,pero só xogou seis partidos, mentres que outros equipos xogaron oito.

ESCOITA O PODCAST:
Perlío - Narón O Freixo

Na última xornada empataron sen goles na súa visita a Pastoriza en Arteixo. “Iamos coa baixa de tres mediocampistas titulares e fixemos un partido bastante malo, sen que nos saíran as xogadas a balón parado que tíñamos preparadas”.

Fotografía: Xan Xe Corral.

Deportes

Publica o teu comentario agora