ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Cultural Maniños aspira a quedar segundas ao final da Liga. Ten as súas vantaxe e tamén será unha recompensa á boa temporada que afrontaron.
O Cultural Maniños da Liga de Futbol 8 feminina aspira a quedar no segundo lugar da clasificación, tendo en conta que o Amistade de Meirás, un punto por diante, descansa na próxima xornada. Agora o Maniños son terceiras con 46 puntos, despois da victoria fronte ao Rosalía da última xornada cun contundente 3-0, o que xa lles vale o pase matemático ao campionato Provincial porque pasan as tres primeiras clasificadas.
Ser segundas finalmente lles evitaría enfrentearse, na Copa, ás primeiras e terceiras clasificadas. Fronte ao Rosalía saíron motivadas, xogaron ben e marcaron Rebe (os dous primeiros goles) e Ana (o último). O terreo de xogo é quizás un incordio ao que se enfrentan no próximo choque co Cebarca en A Barqueira (Cerdido). Un terreo de xogo de herba natural ao que xa non están acostumadas. O encontro está fixado para o sabado 23 de marzo ás 17 horas.
Publica o teu comentario agora