Ataque epiléptico

Ataque epiléptico
08 de Novembro, 2021 - 11:08 h. | Publicada por Radio Fene

O xogador do Maniños B Iván Casal sufriu un ataque epiléptico no transcurso do partido de fútbol da Segunda Galicia que o seu equipo xogaba co Moeche, na mañá deste domingo no campo do Pote. Unha ambulancia trasladouno ao Arquitecto Marcide onde lle fixeron distintas probas e lle deron de alta. Repousa no seu domicilio, pendente de novas análises para coñecer a raíz do suceso.

ESCOITA O PODCAST:
Iván Casal. Xogador do Cultural Maniños B

 “Estou moi contento e orgulloso do equipo” afirma o adestrador Manuel Freire. O conxunto local finalizou o encontro con 10 xogadores pero gañou por 3-1. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral
 

Deportes

Publica o teu comentario agora