Ataque Escampe, espírito agridoce

Ataque Escampe, espírito agridoce
06 de Setembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Cando se definen a si mesmos, Ataque Escampe adoitan presentarse como escritores de “textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre” e é que era pero, seguramente son máis poetas que extraterrestres. 

ESCOITA O PODCAST:

Ataque Escampe son Miguel Mosqueira: guitarras, voz e coros, Samuel Solleiro: guitarras e coros, Xoán Lois García Carlín: baixo e teclados, Álex Charlón: voz e Cibrán Tenreiro: batería, percusión e coros e a recentemente incorporada Sara Iglesias co saxo e percusións.

Nestes máis de 20 anos levan publicados oito álbums de estudo e neles as súas cancións reflicten ese “Espírito agridoce” ao que sempre aluden, esa tristeza “azul como o Sugus de ananás” e nas que non teñen medo ás mesturas xa que se declaran libres de etiquetaxes e de utilizar ritmos que “poderían parecer alleos” para facer con eles cousas novas que se identifiquen co grupo. Investigar e probar, evolucionar co grupo facendo diferencias evidentes en cada un dos seu novos traballos musicais.

O seu último traballo “Cabalgata”, editado o pasado ano, está a ser o protagonista dos concertos que están a realizar polos festivais e salas nos que participan. Non perdades os seus directos, pagan moito a pena.

Fotografía: Bandcamp

 

Cultura

Publica o teu comentario agora