ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Coa chegada do verán, o Concello de Fene clausurou os Seráns Activos, unha programación especialmente deseñada para a poboación de maior idade. Tamén cos menores se realizaron durante o curso programas educativos e de prevención de situacións de risco. Desenvolvéronse actividades para mulleres e tamén se fixeron informes pola regularización extraordinaria de persoas inmigrantes. O concelleiro de Benestar, Manuel Polo, fixo balance en Radio Fene do labor que desenvolveu este ano o equipo dos Servizos Sociais

Máis de 100 persoas de Fene aproveitaron os Seráns Activos para activar a memoria, xogar e facer vida social. “Axuda moito a manter á xente con relación social coas súas veciñas e veciños”, destacou o concelleiro. A clausura do curso, a cargo da alcaldesa, Sandra Permui, e do concelleiro de Benestar, Manuel Polo, reuniu no Pote, en Maniños, a moitas das persoas participantes neste programa que desenvolve as súas sesións nas distintas parroquias.
Da actividade da Concellería, Manuel Polo destacou especialmente o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar. Un servizo que supón un custe anual de 1,5 millóns de euros. A Axuda no Fogar non cubre todas as necesidades que teñen as persoas usuarias e as súas familias por fallos no modelo da Lei de Dependencia, denuncia o concelleiro que tamén insiste na necesidade de que a Xunta financie a totalidade dun servizo “que é a súa competencia”. O Concello, sen ter competencia no tema, estaba asumindo máis de medio millón de euros deste servizo competencia da Xunta, agora subiron algo pero non todo o custo do servizo.. “A xente debe queixarse, é a forma que temos nós para esixir un cambio de modelo”, anima Manuel Polo.
Publica o teu comentario agora