Atención a persoas vulnerables

Atención a persoas vulnerables
06 de Decembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Pretende axudar a aquelas persoas que máis o necesitan”. O Servizo de Axuda no Fogar “é un dereito para todas as persoas que cumpren os requisitos”. Falamos do seu funcionamento coa coordinadora dos Servizos Sociais do Concello de Fene, Pilar Couce, e con Adelaida Abad, traballadora social.

ESCOITA O PODCAST:

O SAF é un servizo público destinado a dar apoio a persoas que son máis vulnerables, que se atopan en circunstancias de vulnerabilidade, que non teñen apoios e con poucos recursos económicos. Persoas maiores ou dependentes son a maioría das beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar. O Concello de Fene xestiona directamente o SAF na súa modalidade básica, tamén chamada de concorrencia, ao que pode acollerse quen non estea valorada no sistema de dependencia da Xunta. Para acceder ao SAF de dependencia tamén hai que acudir aos Servizos Sociais municipais, pero a decisión última depende da Xunta, que valora o grao de dependencia da persoa solicitante. “Do 1 ao 3, que é o grao maior”, explica Adelaida Abad. “Este sistema de valoración é moi lento, está tardando ata un ano e pico, por iso, aínda que non teñan un grao de dependencia elevado, animamos ás persoas a que vaian adiantando os trámites”, manifestou Pilar Couce. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora