ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fomento do emprego. Mulleres desempregadas de Fene poderán participar no Programa Integrado de Emprego que acaba de ser autorizado para a Comarca de Ferrol. Ademais, unha vintena de persoas desempregadas de Fene, Ares e Mugardos teñen a oportunidade de formarse, desde este venres, para acceder ao mercado laboral coa décima edición do obradoiro dual de emprego Reinicia do que informou en Radio Fene a concelleira de Emprego e Formación do Concello de Fene, Cristina Garcia Moroño.
Nova edición do obradoiro dual de emprego Reinicia. Deu comezo este venres, día 15 de decembro, coa participación de vinte persoas desempregadas residentes en Fene, Mugardos e Ares. Son alumnas traballadoras do Reinicia X. Vanse formar para adquirir novas competencias que lles permitan atopar un emprego. Traballos de Carpintería e Moble e Aplicación de Vernices e lacas en elementos de carpintería e moble, que se imparte no Centro de formación do Concello de Fene, en Magalofes, e Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, no Centro de Formación Francisco Vizoso, en Franza, Mugardos, son as especialidades nas que se formarán durante un ano.
Ademais, mulleres desempregadas de Fene, Narón, Neda, Cabanas, Ares, Mugardos, Cedeira e Valdoviño son as destinatarias do Programa Integrado para o Emprego de Galicia que acaba de ser autorizado. Incluirá accións formativas nas modalidades de limpeza industrial, peixaría, comercio, cociña, agricultura ecolóxica e community management. As participantes terán dereito a percibir unha bolsa de 10€ por día de asistencia ás accións do programa. O Programa ten unha duración de doce meses.
Publica o teu comentario agora