Atrófiase todo

Atrófiase todo
28 de Abril, 2021 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

Atrófiase todo o que non se utiliza. Falounos dese pensamento o psicólogo e graduado en Ciencias do Deporte José Barcia esta mañá en Radio Fene. Referiuse a un estudo que indica que o exercicio físico multiplica por oito as probabilidades de sobrevivir ao coronavirus.  

ESCOITA O PODCAST:
José Barcia. Psicólogo

Demostrouse que manternos activos protéxenos de calquera enfermidade. Por iso, a recomendación médica en xeral e poñernos en movemento, retomando a actividade física. Hoxe é a nosa referencia. Non nos comparemos con como estábamos hai un ano e medio. Fixarse obxectivos. Por exemplo, esta semana vou camiñar todos os dias vinte minutos diarios. E importante que nos poñamos retos. Jose Barcia tamén subliña a importancia de realizar exercicios de mobilidade articular, elasticidade, flexibilidade e cardiovasculares. Focalicémonos naquilo que poidamos facer e procuremos escoller actividades que nos gusten, nas que o pasemos ben.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora