Atraer turismo

Atraer turismo
01 de Agosto, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os concursos hípicos son o gran reclamo de Equiocio que atrae público de todas as procedencias a Covas. Por iso, Equiocio, que se celebrará desde este xoves ata o domingo, é un evento idóneo para a difusión dos atractivos da comarca, como fai o Concello de Fene. Da promoción turística de Fene falamos coa concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, e a técnica de Turismo, Estefanía Purriños.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Hai ambientillo este verán”, di a concelleira. “Notamos que, aparte dos peregrinos, este ano hai xente que vén a Fene, reserva hotel e pasa varios días, desde aquí móvense para coñecer os arredores”, informa a técnica de Turismo. Para reforzar a proxección turística, 

Fene volverá ter presenza en Equiocio para presentar as súa oferta, como xa fixo no mes de xuño na Coruña, na feira Primavera no Camiño. Eventos como os Felicia Pop, o Perla Mural Fest e o Fenerock, lugares como o Museo do Humor ou o mellor mural do mundo pintado por Sphir son algúns dos recursos que o Concello exhibirá no seu stand. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora