Auga contra calor

Auga contra calor
28 de Xuño, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A mangueira é unha boa aliada para sobrevivir á calor. No verán os cans poden bañarse a miúdo, pero non usando xampú. “Mollalos todas as veces que queiramos está moi ben”. Falamos de cans e gatos en Radio Animal coa veterinaria etóloga Noemí Graña.

ESCOITA O PODCAST:

Poñer mosquiteiras nas ventás para poder ventilar a casa evitando que entren ou marchen os gatos. Noemí deu esta e outras ideas sobre o tema en resposta á pregunta dunha ouvinte de Radio Fene. Tamén explicou a veterinaria etóloga como actuar se temos un cachorro afeccionado a morder as perneiras dos pantalóns ou as saias longas. “Os cachorros xogan coas cousas que se moven, o que nunca debemos facer é xogar cos pés, senón despois pensarán que son xoguetes”. Quedar quietos, para non estimulalo, e lanzarlle un xoguete para desviar a atención do cachorro son pautas que debemos seguir se temos ese tipo de problema.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora