ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde de Fene, Ivan Puentes, inaugura ás 7 da tarde a primeira mesa de debate incluida nas I Xornadas medioambientais de portas abertas a Ferrolterra, coordenados polo profesor Francisco Peña.
A primeira versará sobre “Xestión das augas e dos residuos” e participan representantes de tres empresas que teñen a ver con este tema na comarca.
Sentaranse na mesa desta tarde, o xefe de producción da Zona Norte de Aquagest, José Mª Ouro López; o Director de Servicios Corporativos de Emafesa, Alberto Llorente, e o Director de Recinor, José Rilo.
A segunda mesa redonda, a celebrar o venres dia 5, abordará a problemática ambiental da ria de Ferrol e as posibles solucións. Aquí os ponentes serán o magíster en Saúde Pública, Carlos Piñeiro; o ex responsable de medioambiente de Izar- Ferrol, Ramiro Barrio, e o biólogo asistente técnico da confraría de Barallobre, Joam Luís Ferreiro.
Dentro das I Xornadas Medioambientais, mañán durante toda a mañán realizaranse obradoiros e proxección de documentais para os escolares de Fene, no Círculo de Perlio, comentados polo Director técnico do Instituto de Investigacions Científicas e Ecolóxicas, Andrés Lamas Seco. No mesmo local do Circulo Cultural de Perlío, xa para o publico en xeral, ás 7 da tarde ofertase mañán un cineforum de tema ambiental.