ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Frear as perdas de auga e apoio a grandes eventos que poñen Fene no mapa cultural sede. Son dúas iniciativas das que informou esta mañá a alcaldesa Sandra Permui en Radio Fene.

“Buscamos a eficacia na xestión dun recurso tan valioso como é a auga”. Explica a alcaldesa de Fene, Sandra Permui, unha actuación “dirixida á dixitalización dos bombeos nos depósitos da auga que permitirá ter control inmediato de calquera fuga ou problema que se detecte e darlle unha solución de forma automática”. Comprobou esta mañá a alcaldesa a actuación realizada nun depósito de Vilar do Colo, onde estivo coa delegada da Xunta, Martina Aneiros. O Concello destinou a esta actuación 42.000 euros dunha subvención da administración galega. “O noso obxectivo é continuar noutros depósitos”, anunciou a alcaldesa que aproveitou para reclamar “máis axudas por parte da Xunta para continuar o proxecto”. “Os concellos necesitamos máis recursos para modernizar as nosas infraestruturas”, declarou Sandra Permui.
Tres grandes festivais
Explicou tamén a rexedora municipal que o Concello de Fene acaba de asinar os convenios de colaboración cos organizadores dos festivais Felicia Pop, FeneRock e Perla Mural Fest. O goberno municipal destina 30.000 euros ao apoio a estes tres importantes eventos culturais que se celebran en Fene. Da súa relevancia destacou a alcaldesa que “estes festivais son moito máis que unha programación cultural. Son iniciativas que proxectan a imaxe de Fene cara ao exterior, dinamizan a economía local e enriquecen a vida cultural fenesa”. As entidades organizadoras recibirán de maneira anticipada o 70% das achegas para facilitar a preparación dos festivais.
Publica o teu comentario agora