A auga fai estragos no colexio

A auga fai estragos no colexio
03 de Febreiro, 2021 - 12:57 h. | Publicada por Radio Fene

O patio cuberto do Cruceiro de Canido está anegado dia tras dia, xusto cando máis falta fai para combater a pandemia.

 

As nais e pais do alumnado de infantil do colexio Cruceiro de Canido denuncian a situación de abandono e desamparo que os nenos e nenas están vivindo neste centro escolar. O patio cuberto encóntrase totalmente inundado día tras día sen que ninguén faga nada para poñerlle remedio. Sempre é necesario que os pequenos poidan salir a disfrutar do seu tempo de recreo ao patio cuberto, xa que en Galicia a maior parte do tempo as condicións meteorológicas non acompañan para que podan disfrutarlo nas zonas que non están cubertas. A maiores, coa situación de emerxencia sanitaria que vivimos, resulta de vital importancia que podan facer uso do patio cuberto pois hai menos risco de contaxio que na aula e, deste modo, as docentes aproveitar estes momentos para ventilar as instalacións pechadas nas que os menores pasan a maior parte da xornada escolar. Os proxenetores adxúntan probas gráficas da situación como a foto que acompaña esta nova.

Sociedade

Publica o teu comentario agora