As augardentes e os licores galegos visitan Expourense

As augardentes e os licores galegos visitan Expourense

27 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Fiel a súa cita con Vinis Terrae, “Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade”, o Consello Regulador das Denominacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais asiste cun stand propio á cuarta edición desta feira exclusivamente profesional adicada ao sector vinívinícola. O evento celébrase hoxe e mañá no recinto feiral Expourense.

O Consello Regulador contará cun stand propio no que ofrecerá información dos destilados amparados baixo este selo de calidade. A presenza del CRDDGG nesta feria tamén incluirá dúas presentacións de produto. Desenvolveranse, nas dúas xornadas, ás 13.50 horas, a cargo da secretaria do Consello Regulador, Carmen Otero.

“O obxectivo destas presentacións é ofrecer información de aqueles produtos que están amparados baixo o Consello Regulador: augardente de oruxo, envexecida, aguardente de herbas, licor de herbas e licor café, solventando as dúbidas que poidan xurdir”, explica a secretaria. Ademais destacou que o sector necesita apostar por produtos que pasaran polos debidos controis que garanticen a súa calidade e procedencia.

Punto de encontro indispensable entre os bodegueiros españois e os seus distribuidores nacionais e internacionais, a 4ª edición de VinisTerrae conta con 70 expositores, procedentes de 15 países entre os que se atopan Alemaña, Bélxica, Brasil, México, China, Polonia, Dinamarca, Reino Unido, Finlandia, Holanda, Portugal, Suecia, Suíza e axentes que traballan no mercado asiático. A feira pretende converterse nunha ferramenta de internacionalización ao servizo das pequenas e medianas empresas galegas. A organización prevé que visiten este salón compradores nacionais, maioristas e distribuidores procedentes de todos os puntos de España.

Sociedade