ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene aclara dúbidas sobre o cobro pola depuración de augas residuais. Trátase de resolver un asunto que levaba unha década pendente, explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Polo en Radio Fene, nunha entrevista na que pasou revista a distintos asuntos da actualidade municipal.
O Concello regulariza a depuración de auga coa aplicación dunha ordenanza fiscal aprobada en 2014, que non se puxera en marcha aínda en Fene, mentres os concellos de Ares e Mugardos, cos que comparte a depuradora levan unha década cobrando polo servizo. A taxa de saneamento financia as estacións de bombeo e a depuradora de residuos de Punta Avarenta en Ares. O recibo emitirase trimestralmente a través do Servizo de Recadación da Deputación da Coruña, co obxectivo de cubrir os custos asociados ao tratamento das augas residuais. Os recibos pendentes desde 2021 cobraranse de forma progresiva.
Lixo
“En Europa a maioría tena o Partido Popular, non pode ser que digan unha cousa en Bruxelas e aquí critiquen a quen as aplica, un ten que ter coherencia”, sostén Manuel Polo a explicar o motivo da suba no recibo pola recollida de residuos. “Sogama queima o lixo e a lei europea penaliza a incineración de residuos”, lembra.
25N
En vésperas do 25N, Polo lamenta que o Pleno non aprobara por unanimidade a declaración contra a violencia de xénero. “O PP está secuestrado polo discurso da ultradereita, arrastrado polas políticas negacionistas de Vox e a necesidade política de pactar con eles, parece que non pero o que pasa en Fene é importante en Valladolid para eles”.
Obras
“Afortunadamente aglomeramos os Carballás, algo que me estaba custando horas de sono”, sinalou respecto da marcha das obras que ten en marcha o Concello.
Publica o teu comentario agora