ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Teatro Jofre de Ferrol convertirase este mércores nunha Aula Aberta de filosofía co gallo do Día Mundial da Paz que se celebra o vindeiro 30 de xaneiro. Arredor de 500 estudantes dos centros de Educación Secundaria de Ferrol participarán nesta experiencia segundo avanzou esta mañá a concelleira de Educación e Cultura, Mercedes Carbajales.
Nesta novidosa Aula Aberta acollerase a representación do espectáculo “Cachai”, a cargo da compañía El teatro del buscavidas. Unha obra protagonizada por Adán Rodríguez, David Gómez-Bendito e Juanjo del Rey e dirixida por Pepe de Jiménez. As funcións realizaranse ás nove da mañá e ás 12 do mediodía e irán precedidas dunha presentación e seguidas dun debate sobre o seu contido.
Cachai baseáse nun feito real. Plantexa a peripecia de subsistencia de dous mozos obrigados a vivir por espazo de dous anos dentro do nicho dun cemiterio. Un espectáculo cargado de mensaxes, unha viaxe ás zonas máis escuras da historia latinoamericana para desentrañar desde as súas vísceras a experiencia da dor ante a morte e a posterior orfandade e indixencia.
“Cachai” nace en Chile, nun dos seus barrios máis pobres e representa unha metáfora, reflíctese a situación mundial, no que se invita á reflexión sobre os diferentes modos de violación dos dereitos humanos como as torturas ou o exilio.