A aula Gloria Martínez Vidal da Universitat Jaume I de Castellón

A aula Gloria Martínez Vidal da Universitat Jaume I de Castellón

21 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha aula da Universitat Jaume I de Castellón leva o nome dunha veciña de San Valentin en Fene (A Coruña). Trátase de Gloria Martinez Vidal, profesora de Informática da citada Universidade que faleceu no pasado mes de abril aos 44 anos de idade, víctima dun cancro de pulmón.

Gloria Martinez Vidal nacera en Ferrol, pero aos 6 anos foi vivir a San Valentín. Nesta parróquia viviu ata os 17 anos cando marchou estudar informática a Valencia. Pero ela seguía empadronada en Fene e non se borrou do censo ata que lle foi imprescindible para adquirir unha vivenda en Castellón. Ao rematar a carreira de informática, contratáronna como profesora na Universidade para iniciar este departamento na cidade levantina. A comezos deste ano descubreuselle un cancro de pulmón e no mes de abril morreu deixando unha filla de 12 anos. Escribiu un blog onde relata paso a paso as súas últimas semanas. En setembro, profesores e alumnos da Universidade Jaime Primero inauguraron unha aula que leva o nome de Gloria Martinez Vidal, en lembranza da súa contribución profisional e humana a ese centro educativo.

Sociedade