As aulas ao Camiño

As aulas ao Camiño

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través das concellerías de Educación, Mocidade e Discapacidade, o departamento de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1 organizan unha actividade de sendeirismo titulada “Os Camiños de Santiago en Galicia”, que vai xa pola súa segunda edición. Se ben o ano pasado se realizaba unha peregrinación a Santiago percorrendo o Cami&nti

O percorrido dividirase en 7 etapas, realizándose as andainas todos os sábados e sendo o inicio de cada tramo, o punto de chegada do anterior. Os participantes desprazaranse a cada un destes puntos de inicio en autobús dende Ordes.

Pero antes de comenzar as etapas haberá unha xornada de preparación, que terá lugar o próximo 27 de marzo, na que se fará unha andaina polo roteiro do río Mercurín en Ordes.

En canto ás etapas propiamente ditas, darán comenzo o día 10 de abril en O Cebreiro, unha etapa que se dará por finalizada en Triacastela. A segunda das etapas, que terá lugar o 17 de abril, irá dende Triacastela a Sarria, a terceira de Sarria  a Portomarín o 8 de maio,  a cuarta de Portomarín a Palas de Rei o 15 de maio, a quinta de Palas de Rei a Arzúa o 22 de maio, a sexta de Arzúa a Arca o 29 de maio, e por último
a séptima das etapas percorrerá 19 kilómetros do Camiño Francés dende Arca a Santiago de Compostela o 5 de xuño.

Sociedade