ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O IES de Fene participa desde hai anos en proxectos de internacionalización educativa que lle permiten enriquecer a formación que ofrecen ao alumnado do centro educativo. A directora do centro, Begoña Fernández; a profesora de inglés que coordina o proxecto eTwinning School Diana Galdo, e as alumnas Natalia Prieto e Lúa Casal explicaron en Radio Fene algunhas das iniciativas que desenvolveron este curso.

“Derrubamos muros das nosas aulas, é como unha fiestra dixital, non realizamos mobilidade pero poder xurdir a raíz del”. Explica Diana Galdo que eTwinning “vén sendo unha plataforma que permite realizar proxectos en colaboración con centros de países europeos”. Xa teñen aproveitado este programa para facer varios traballos relacionados co patrimonio cultural, “traballamos sobre os Faros, Arte Mural e este ano cos Traxes tradicionais”.
Natalia, unha das alumnas participantes no proxecto educativo, explica que “investigamos moito sobre os traxes tradicionais de cada país e cando temos a información, fixemos debuxos ou cosimos con esas cores e formas. Temos exposta información nalgunhas paredes do IES”. Sobre os países que estudaron indica Lúa que “a maioría son da Unión Europea, tamén algúns asiáticos e de América do Norte”. A súa parte favorita foi “a práctica, coser os traxes, na nosa clase fixemos o pano”. Empregaron para iso moito “material reciclado, con teas e papel”.
Aposta pola internacionalización
“Vimos facendo diferentes proxectos de internacionalización, intercambios, recibimos e visitamos outros países, con países como Turquía ou Polonia”, explicou a directora do IES, Begoña Fernández. Precisamente estes días reciben a visita dunha delegación de Turquía. E teñen máis proxectos. Anunciou a directora do centro educativo de Fene que proxectan pedir para o centro a implantación dun programa CUALE. Unha iniciativa para centros públicos de ensino que queiran ofrecer ao seu alumnado cursos para a aprendizaxe de linguas estranxeiras. Unha formación voluntaria e gratuíta fóra do horario lectivo, unha “especie de pequena Escola de Idiomas”, sinalou Begoña Fernández.
Publica o teu comentario agora