Aumentan os fondos da biblioteca municipal Pérez Parallé

Aumentan os fondos da biblioteca municipal Pérez Parallé

27 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arredor de cen libros coas últimas novidades literarias chegaron á biblioteca municipal Pérez Parallé. El prisionero del tiempo de Carlos Ruiz Zafón, El cuaderno de maya de Isabel Allende e El invierno del mundo de Ken Follet, encóntranse entre os volumes que xa se prestan nas instalacións da Casa da Cultura de Fene.

Tamén se atopan as “50 sombras de Grey” a triloxia de novela erótica para mamás, da que fala todo o mundo. Eran algúns dos libros máis esperados, segundo salientou esta mañá en Radio Fene a bibliotecaria municipal Sonia Iglesias. Entre as novidades da biblioteca municipal de Fene tamén figuran libros para aprendizaxe de idiomas, volumes de humor e de autoaxuda.

Cultura