ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A poetisa canadense Anne Carson é unha rara avis no panorama poético mundial. Ten a habelencia para converter en ouro todo canto toca literariamente. Tipos de agua. El Camino de Santiago, non é unha crónica, nin moito menos, unha guía do camiño.
O volume está cheo de preguntas e de ironía. Para a tradutora do libro Sara Cantú, “á autora lle intriga a néboa de Galicia e se namora desta terra pola súa autenticidade e sinceridade”. O personaxe principal do libro é o peregrino, pero ao final de cada capítulo se insertan diferentes versións do peregrino. Carson non é unha escritora común. Mistura unha orixinal complexidade formal coa tenacidade coa que sostivo durante décadas, unha obra sutilísima e chea de vida. “Tipos de agua”, editado por Vaso Roto, é un libro minimalista, depurado e filosófico.
Falamos do libro de Anne Carson. Tipos de agua. El Camino de Santiago, no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Interviñeron a tradutora do libro Sara Cantú, Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M. Riveira e Henrique Sanfiz.
Publica o teu comentario agora