ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Autobuses gratuitos entre a Malata e o centro de Ferrol. O Concello ferrolán pon en marcha ao longo da Semana Santa ese servizo. Unha alternativa aos vehículos particulares que, subvencionada polo Concello, conectará a praza de Galicia, en pleno corazón do barrio da Magdalena, coa Feira de Mostras, no entorno da Malata e con conexión á autoestrada.
Neste contexto, o edil de Tráfico Gerardo López Castrillón explicaba que a elección dos puntos de partida e chegada non son aleatorios. Máis ben ao contrario. En FIMO, se contabilizan unhas 1.100 prazas de aparcadoiro, que permitirán aos cidadáns e cidadás que accedan á cidade deixar os seus vehículos na zona para subirse ao autobús e trasladarse ao mesmo centro, o segundo punto do mapa. Unha iniciativa especialmente adecuada para os visitantes que recibirá a cidade naval neses días, xa que a autoestrada ten saída directa á Malata.
Así as cousas, os autocares gratuítos estarán operativos os días 7, 8, 9, 10 e 11 de abril. Os horarios, agás o venres 10, son de tarde. E, as saídas, se efectuarán cunha frecuencia de 30 minutos, dende as seis do serán ata as once da noite. O 10 de abril o servizo tamén estará operativo pola mañá, dende as once ata a unha, á par que se amplía o horario de tarde, dende as catro ata as doce da medianoite.
Asemade, López Castrillón explicou que ademais deste dispositivo especial, a compañía Tranvías de Ferrol reforzará tamén o servizo ofrecido polas liñas 9 e 1-2. Deste xeito, na xornada do mércores 8, o último bus da Liña 9 sairá de Correos ás 23.15, e o venres 10 ás 23.45 horas. No caso da Liña 1-2, a saída do autocar dende o porto ata Neda se producirá contra das 23.15 horas na noite do mércores de Semana Santa, mentres que na xornada do venres, este mesmo traxecto terá o seu último servizo ás 23.15 e ás 23.30 horas.
O Concello reedita así a aposta polo fomento do transporte público que xa contraera durante as datas do Nadal, cando financiara un servizo especial de autocares que conectaba a Feira de Mostras, na Malata, co barrio da Magdalena. Daquela foron máis de setecentos os usuarios que sustituíron os seus turismos polos autobuses. Concretamente, 749, un 20% máis que o ano anterior. Unha cifra que López Castrillón valora como positiva e que vén a reforzar a intención do goberno municipal de seguir apostando polo fomento do transporte público a través dunha alternativa, a posta a disposición de autobuses gratuítos para a cidadanía, cómoda e sen custe para os usuarios.