Autobuses para a movida

Autobuses para a movida

10 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A asociación Movida de Ordes ven de poñer en funcionamento un novo servizo de autobuses nocturnos para as noites dos sábados, coa fin de reactivar a marcha e ocio nocturno no Concello. A iniciativa arrancou esta fin de semana e entre as ventaxas está o incremento na seguridade das principais vías de acceso á vila, á que cada sábado se achegan milleiros de persoas para disfrutar dun dos epicentros da movida en toda Galicia.

Deste xeito tamén se elimina o risco de ser sancionado nun control de alcolemia, un dos principais motivos disuasorios para que xente doutros puntos se achegue ata o popular Campo da Feira para desfrutar dos locais de Ordes.

Así, dende Santiago de Compostela parte un autobús co seguinte itinerario: 23h Bertamiráns (parada de bus), 23.20h Fontiñas (Área central), 23.30h Plaza de Galicia e 23.45h San Caetano.

No caso de A Coruña o punto de inicio é: 23h Plaza España, 23.15h Ronda de Outeiro, 23.30h Corte Inglés, 23.45h Burgo (Edificios E. Múltiple), 23.55h Vilaboa (Nova Galicia Banco), 00.05h Carral.

Outra das rutas seleccionadas e incluidas nesta iniciativa é a do Val do Dubra, de onde parte un omnibus ás 23h dende Casa do Concello, 23.15h Benza, 23.30h Xavestre, 23.45h Campo (Bar Pardo), 23.55h Candendo, 00.05h Leobalde e  00.15h Pontraga (Bar Che).

E por último está a ruta de cabaleiros, a cal parte dende o bar Calviño ás 23h, 23.10h Villadabad (bares), 23.15 Alxeriz (bares), 23.20h Sanmede, 23.25h A Silva (cruce), 23.30h A Tablilla (Bar Golan), 23.35h Xesteda (cruce), 23.45h Cerceda (cruce ordes), 23.55h Viris e 00.10h Mercurín (bar).

Os organizadores deste grupo, encabezados polos principais empresarios e hosteleiros do municipio, avanzan que en próximas datas estes itinerarios van ser ampliados por outras zonas. Non será o único xa que tamén estanse a preparar actuacións, eventos e moitas máis sorpresas para aqueles que gustan de sair e  vivir noites de festa.

Sociedade