A autoestima arredor do idioma

A autoestima arredor do idioma

03 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Para o autor do libro O Valego, o profesor da Universidade de Vigo Henrique Costas, a fala é o que identifica aos habitantes do val do Ellas en Estremadura. Absolutamente todos os habitantes de Valverde, As Ellas e San Martiño queren que a fala se conserve, venna como unha vantaxe para aprender outros idiomas e andar polo mundo. Queren que os fillos a falen e llela transmitan aos netos. A conciencia idiomática, de comunidade diferenciada é moi forte; a conciencia de pervive

A zona estaba mal comunicada co resto de Estremadura pero sempre foi unha área de certa prosperidade. A economía do val do Ellas é basicamente agrícola, predominando a produción de aceite, viño e hortalizas; tamén hai certas explotacións forestais, fundamentalmente de madeira de piñeiro, e gandeiras, con predominio claro do ovino nas devesas e bovino nas abas das serras. Nas épocas da posguerra o estraperlo inzou os fluxos comerciais na vila de Valverde.  No último decenio disparouse o turismo cara a este val de veráns amables e invernos chuviñentos.

Sociedade