Autolavanderías a todo gas

Autolavanderías a todo gas
27 de Setembro, 2022 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

Tres autolavanderías funcionan de xeito simultáneo en Fene. Nestas datas reciben moitas visitas para lavar edredóns e mantas. Xa non fai falta ter lavadora nin tendal na casa. As lavanderías de autoservizo, por un módico prezo,  permiten facer a colada. E, nalgúns casos, ata nos planchan a roupa, como no caso de Autocolada, no polígono de Vilar do Colo. En Perlío, Anabel López, da lavandería O Pilón, explica a Radio Fene que co cambio de tempada moita xente vai lavar mantas e edredóns. A diario, as persoas usuarias son xente traballadora e universitaria 

ESCOITA O PODCAST:

Anabel López da Lavandería O Pilón http://173.255.131.18/audio/270922LOPEZ.mp3 Mario Aradas de Autocolada http://173.255.131.18/audio/270922ARADAS.mp3

Fotografía Xan Xe

Tamén en San Valentín funciona a autolavandería Lava Top as Pias. Na avenida do Mar, 15 baixo. Abre todos os dias entre as oito e media da mañá e as once da noite. Pódese pagar cunha aplicación desde o teléfono móbil. Edredóns e mantas en lavadoras de maior capacidade. En Ferrol abren as súas portas ata 18 autolavanderías que dalgún xeito veñen sustituir ás antigas tintorerías. Nalgún caso, mesmo ofrecen a posibilidade de recoller e entregar a roupa limpa na casa. Na lavandería de Amaia, na zona do porto de Ferrol, os prezos de lavado nas máquinas van de 4 e 7 euros, segundo a cantidade de roupa que se poida meter. Teñen lavadoras de 9, 14 e 19 kilos de capacidade. E o uso da secadora durante 21’ custa 3 euros.

 

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Sociedade

Publica o teu comentario agora