ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Formación Profesional é unha educación eminentemente práctica. Quizais por iso pasou con especiais dificultades todas as restricións á mobilidade e as medidas de distanciamento social. Pero prepárase para afrontar a des-escalada. O IES de Fene abrirá o prazo de solicitude para cursar FP Dual a vindeira semana. Impartirase fabricación e montaxe e mantemento de vehículos en grao básico. Tamén electromecánica de vehículos, instalacións frigoríficas, mantemento electromecánico, soldadura e caldeiraría.
Hai oferta modular para xente con emprego e cun horario particular. Tamén oferta ordinaria, segundo o profesor Fernando Fresnillo. Os procesos de automatización fan competir a industria e iso o teñen moi presente no IES de Fene. Navantia que é o buque insignia da comarca traballa no estaleiro 4.0, segundo o profesor de FP Juan José Seijo.
O Instituto continuará cos intercambios con outros países de Europa a través do programa Erasmus. O centro ascendeu de categoría e entrou nun programa que contempla intercambios e estadías en países da Unión Europea nos vindeiros cursos.
En innovación, o centro en colaboración coas empresas de Informática 2K Systems e de automatización hidráulica (Festo e HRE Hidraulic” desenvolveu un proxecto de realidade aumentada. Desde o teléfono móbil pódense visualizar elementos de determinados circuítos e aparece en pantalla información adicional sobre as súas características. Hai unha web pública (departamentomantementoiesdefene.com) onde calquera pode ver este sistema de automatización. Nesa web e coa aplicación gratuíta Roar, que se descarga en google play pódese entrar na realidade aumentada. O proxecto aínda vai completarse no vindeiro curso con máis simulacións e exercicios. Traballan na elaboración dun aula 4.0.
Publica o teu comentario agora