A automoción prepárase en boxes

A automoción prepárase en boxes

22 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nunha competición automobilística precísase un piloto pero é indispensable contar con bos mecánicos que poñan a punto o coche. Daí que o Departamento de Automoción do Centro Integrado de Formación Profesional de Fene, en colaboración con Motor Racing Cabanas, celebran esta mañá as súas primeiras “Xornadas do Automóbil de Competición”. Un evento que contou coa participación de Jos&eacut

As xornadas diríxense aos alumnos do Departamento de Automoción do centro de Fene e con elas pretende amosarlles unha saída profesional máis, demostrando que o mundo da competición non só precisa de grandes pilotos senón tamén de mecánicos e persoal cualificado que poña a punto os vehículos e que son unha parte fundamental dos equipos que moitas veces pasa desapercibida. A través das súas participación, preténdese ofertar uns fundamentos sobre os inicios no mundo da competición. Desde cómo enfocar a preparación dun coche para adaptalo a un rallye ata as medidas de seguridade que deben tomarse á hora de organizar un evento deportivo deste tipo. A xornada comezou ás 11:00.

Deportes