A autonomía co filtro irónico de Siro

A autonomía co filtro irónico de Siro

12 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Siro López resume en cento catorce caricaturas todo o acontecer político e social dos últimos trinta anos en Galicia. A mostra “A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro” foi un encargo da Deputación Provincial que o debuxante ferrolán acolleu de bo grao. En declaracións a Radiofusión, Siro López explicou esta mañá que o criterio que seguiu na escolla dos debuxos foi o do “interese xeral”, primando aqueles momentos ou situacións que a él lle pareceron claves, dende a constitución do primeiro Parlamento Galego.


Ademais, segundo explicou, na exposición predominan personaxes como Fernando González Laxe, Antolín Sánchez Presedo, Xose Manuel Beiras,  ou Paco Vázquez, aínda que o protagonista indiscutible é Manuel Fraga.


Siro López está esta semana dobremente de actualidade. Logo da inauguración neste xoves da exposición “A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro”, mañá se presenta no Jofre o espectáculo de Corre Carmela que Chove, do que é guionista e alma mater. As entradas para asistir ao evento xa se poden adquirir na taquilla do teatro, por teléfono ou a través da páxina web do concello, www.ferrol.es/jofre

Sociedade