A autoridade do Perlío

A autoridade do Perlío
07 de Febreiro, 2022 - 10:41 h. | Publicada por Radio Fene

Con autoridade resolveu o Perlío o encontro da Primeira Galicia de fútbol contra o Ural da Coruña. O marcador do campo dos Pinares marcaba un 4-1 ao remate do partido. "Estivemos moi ben todo o encontro con xogadores aguerridos e que traballan en grupo. Eles manexan moi ben o balón con xogo combinativo, empezamos repregados con accións rápidas ao coller o balón e conseguimos o gol cun remate de cabeza de Isma tras varios rexeites" apunta o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro.

Fotografía Xan Xe

Tras o descanso, o Ural logrou o empate, aínda que o Perlío se reordenou e logrou o segundo tanto cun novo tanto de cabeza de Is ma. Xabi meteu o 3-1 e rematou o partido. O cuarto xa foi de penalti no desconto e a cargo de Isma. "Hai que seguir nesta liña con intensidade nos adestramentos e se continuamos así van continuar os resultados positivos" matiza o míster. 

 

Na imaxe Isma Grandal, autor de tres dos goles do Perlío

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora