A autovía entre Mondoñedo e Lourenzá abrirá antes de finais de ano

A autovía entre Mondoñedo e Lourenzá abrirá antes de finais de ano

29 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O ministro de Fomento, José Blanco, comprometeuse a contratar as obras da autovía Barreiros-San Cibrao, na costa de Lugo, a finais do próximo ano, sempre que o Goberno socialista continúe a partir das eleccións do 20 de novembro. Blanco fixo este anuncio durante a súa intervención nun acto electoral en Burela, onde agregou que, "en poucos días, o Ministerio de Medio Ambiente vai emitir a declaración de impacto ambiental" desa auto

"Se o Goberno socialista continúa a partir do 20 de novembro, no ano 2012 faremos o proxecto e, a final de ano, contrataremos a obra entre San Cibrao e Barreiros. Ese é o compromiso que quero adquirir hoxe aquí", precisou.

Por outra banda, confirmou que a finais do presente ano quedará aberto ao tráfico un novo tramo da autovía do Cantábrico (A-8), entre Mondoñedo e Lourenzá.

"O próximo ano, se non hai tijeretazo, desde logo se seguimos no Goberno será así, culminarase a autovía do Cantábrico, tal e como prometín", concluíu.

Críticas a Feijóo

O ministro de Fomento tamén acusou ao Goberno galego de pechar a súa contabilidade no mes de setembro, para «maquillar» as súas contas e permitir que o seu presidente, Alberto Núñez Feijoo, se pase «por todos os estudios de televisión» para dicir que «é o líder na redución do déficit». Blanco indicou que a Xunta pídelle aos proveedores que non facturen ata xaneiro do 2012.

Sociedade