Avance para os traballadores

Avance para os traballadores
30 de Xuño, 2026 - 04:34 h. | Publicada por Radio Fene

Solución o conflito do metal na provincia da Coruña. O acordo acadado na mesa negociadora e ratificado polas asembleas de traballadores será asinado o vindeiro luns, como contou en Radio Fene Sergio Martínez, responsable na comarca de CIG Industria, que se declaraba “satisfeito porque se avanza nas melloras das condicións dos traballadores”. 

ESCOITA O PODCAST:

“A clave non é outra que a participación dos traballadores do sector”, destaca o dirixente da CIG Industria na comarca. Fin ao conflito do metal na provincia. Chegouse a un acordo sobre o convenio coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais e despois de meses de presión por parte dos traballadores. As asembleas de traballadores xa deron a conformidade á proposta e desconvocan a folga prevista para hoxe e varios días do mes de xullo. O acordo prevé melloras salariais, de xornada laboral e contra a precariedade laboral no sector e chegou tras semanas de presión por parte dos traballadores. “A demostración de que cando un sector protesta maioritariamente o resultado é este”, destacou Sergio Martínez. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora